KALDOS - Consultoría e Formación

Que ofrecemos

Externalización de servizos

Traballamos tanto para a Administración Pública como para PEMES, adaptando a nosa forma de traballo en función do tamaño e as necesidades de externalización do cliente:

  • Podemos ofrecer a externalización total ou parcial das funcións do seu departamento.

  • Traballamos In Site / Off Site, nas súas propias oficinas desde KALDOS, pero asegurando sempre unha comunicación constante co cliente, aportando o noso Software e Hardware cos mellores e actualizados equipos informáticos usados na actualidade.

Auditorias en punto de venda

Consiste en levar a cabo un servizo que busca información sobre o punto de venda e controlar as condicións no que o produto se acha exposto, así como o desempeño das funcións do persoal da tenda.

Os nosos traballadores toman a decisión do consumidor e poñen de manifesto aspectos que poidan ser fundamentais para a decisión de compra, localización, calidade, prezo...

Realización, promoción e cumprimento
de diferentes tipos de enquisas

Auditorías y censos.

Coa externalización da xestión dos servizos, liberamos ao cliente dos recursos que necesita, para así, ofrecerlle solucións que lle permitan centrarse máis na súa área de negocio.

Ofrecemos un servizo de calidade adaptado ás necesidades de cada un dos nosos clientes.

Help Desk | CAU´s | Contact center

Persoal formado para atender todas as consultas dos clientes, non só telefonicamente, senón tamén a través de outros medios como e-mails, webs, chats, sms..., ata cun servizo de 24 h.

Pomos os medios materiais e humanos para poder ofrecer a mellor atención ás demandas e consultas da cidadanía a calquera hora do día.
Damos soporte de axuda aos usuarios do servizo para resolver dúbidas, consultas ou problemas técnicos, todo xestionado por persoal perfectamente cualificado e formado para iso.

Demostracións e información ao cliente dun novo produto, Asesoramento ao persoal de tendas

Teléfono: 881 819 465 | E-mail: info@kaldos.es