KALDOS - Consultoría e Formación

DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE

Validacións

Este sitio web foi validado de acordo coas ferramentas e directrices de accesibilidade do nivel dobre A para o contido da Web 1.0 do W3C-WAI (www.w3.org) e coas directrices XHTML 1.0 Strict.

Aspecto visual e deseño

Neste sitio web faise un uso intensivo das follas de estilo (css), co fin de separar o contido da presentación. Púxose coidado en que as páxinas fosen lexibles en navegadores que non comprenden as devanditas follas de estilo.

Os tamaños de letra son sempre relativos. Isto permite que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño da letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador. Así, en Internet Explorer isto acádase con "Ver - Tamaño do texto", en Opera, con "Ver - Escala", en Netscape 7 con "Ver - Zoom do texto".

As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas e no deseño das páxinas non se empregan táboas. Estas só se usan para amosar datos que así se require. Non se emprega a cor como único criterio para distinguir a información. Así facilítase a accesibilidade para as persoas con dificultades para distinguir as cores e para as que empregan dispositivos non visuais.

Compatibilidade con múltiples navegadores de Internet

Nos traballos feitos para que este sitio web sexa accesible coidouse á súa vez que tanto a súa funcionalidade como a súa aparencia visual fosen moi semellantes, por non dicir iguais, para calquera dos navegadores web máis usados. En concreto coidouse a presentación para os seguintes:

Qué é a Accesibilidade Web?

A Accesibilidade Web permite que persoas con algún tipo de discapacidade poidan facer uso dunha web. Engloba moitos tipos de discapacidades, incluíndo problemas visuais, auditivos, físicos, cognitivos, neurolóxicos e da fala. Ao falar de Accesibilidade Web estase facendo referencia a un deseño web que vai permitir que estas persoas poidan percibir, entender, navegar e interactuar coa web, achegando á súa vez contidos.

Pero a Accesibilidade Web beneficia tamén a organizacións e a persoas sen discapacidade. Por exemplo, un principio básico da Accesibilidade Web é a flexibilidade co obxectivo de satisfacer diferentes necesidades, situacións e preferencias. Esta flexibilidade vai a beneficiar a todas aquelas persoas que usan a web, incluíndo persoas que non teñen ningunha discapacidade pero que, debido a determinadas situacións, teñen dificultades para acceder a ela (por exemplo, unha conexión lenta), tamén estaríamos a falar de aquelas persoas que sofren unha incapacidade transitoria (por exemplo, un brazo roto) e de persoas de idade avanzada.

En resumo, falar de Accesibilidade Web é falar dun acceso universal á web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de rede, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos/as usuarios/as.

Teléfono: 881 819 465 | E-mail: info@kaldos.es